Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2018 Páx. 47203

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2018 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre de 2018.

Para os efectos previstos no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) no segundo cuadrimestre do ano 2018 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2018

José Ignacio Lema Piñeiro
Director da Axencia Galega da Industria Forestal

ANEXO

Nº 1.

Título: convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a Axencia Galega da Industria Forestal e a Fundación Semana Verde de Galicia para a organización da V edición da feira bienal Galiforest.

Obxecto: regular as condicións de colaboración para a organización neste ano dunha nova edición da feira bienal de carácter monográfico forestal internacional para o sur de Europa.

Data da sinatura: 27 de xuño de 2018.

Importe: 108.700 €.

Nº 2.

Título: acordo marco de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal (Xera)-Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS Madeira) e a Fundación Catedral de Santiago para a realización de actuacións de recuperación e conservación do patrimonio en madeira da Catedral de Santiago de Compostela.

Obxecto: establecer un marco de colaboración entre a Fundación Catedral e Xera-CIS Madeira, relacionado coas actuacións de recuperación e conservación das estruturas da Catedral de Santiago de Compostela, mediante a utilización de técnicas tanto tradicionais como innovadoras.

Data da sinatura: 3 de agosto de 2018.

Importe: sen achega económica.