Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2018 Páx. 47205

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de policía local, categoría de policía, quenda libre, convocado mediante a Orde do 4 de xullo de 2018, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio.

En sesión que tivo o día 16 de outubro de 2018, o tribunal nomeado pola Orde do 3 de outubro de 2018 (DOG núm. 195, do 11 de outubro) para cualificar o proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de policía Local, categoría de policía, quenda libre, cuxo obxecto é a cobertura de 38 prazas de policía local nos concellos que se enumeraban na citada orde, acordou, de conformidade co establecido na base 6 da convocatoria, que o primeiro exercicio terá lugar o día 11 de novembro no pavillón 2 do Recinto Feiral, s/n, 36540 Silleda (Pontevedra), en chamamento único que se iniciará ás 10.00 horas.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa entidade, ao xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

A Estrada, 23 de outubro de 2018

Luis Míguez Macho
Presidente do Tribunal