Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2018 Páx. 47278

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pontenova

ANUNCIO do estudo de detalle do cuarteirón RM9 definido nas normas subsidiarias de planeamento.

Aprobado inicialmente, en sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local do 18 de setembro de 2018, o estudo de detalle do cuarteirón RM9 definido nas normas subsidiarias de planeamento da Pontenova, que desenvolve as determinacións e previsións das normas subsidiarias de planeamento do concello, co obxecto de ordenar os volumes edificables, redactado polo arquitecto Jesús Bouza Fernández, de setembro de 2018.

En cumprimento do devandito acordo da Xunta de Goberno Local e do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, así como no artigo 194.2 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio.

Durante o período de información pública, quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes.

A aprobación inicial do estudo de detalle leva á suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado por este, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

A Pontenova, 15 de outubro de 2018

Darío Campos Conde
Alcalde