Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2018 Páx. 47455

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 11 de outubro de 2018 pola que se nomea funcionaria do corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, pola quenda de promoción interna, a aspirante que superou o proceso selectivo convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño), en execución de sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo de data 29 de maio de 2018, P.A. 402/2017.

Advertido erro na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 203, do 24 de outubro de 2018, é necesario facer a seguinte corrección:

Na páxina 46934, no punto segundo, hai que engadir un segundo parágrafo co texto seguinte:

«Este nomeamento ten efectos administrativos e económicos desde o día 19 de xullo de 2017, primeiro día hábil de toma de posesión do resto das persoas aspirantes nomeadas funcionarias do dito corpo mediante a Orde da Consellería de Facenda do 11 de xullo de 2017 (DOG núm. 136, do 18 de xullo)».