Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2018 Páx. 47377

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2018 pola que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello do Turismo de Galicia.

O Decreto 149/2012, do 5 de xullo, polo que se regula o Consello do Turismo de Galicia (DOG núm. 135, do 16 de xullo), recolle, no artigo 3, a composición e réxime de elección dos/as seus/súas membros, e no artigo 5, o nomeamento destes/as pola persoa titular do órgano superior da Administración autonómica competente en materia de turismo, por proposta das diferentes organizacións e entidades representadas. O parágrafo 2 do citado artigo establece que se algún membro perde a condición de representatividade pola organización que o elixiu, esta deberá comunicar, á Administración turística autonómica no prazo máximo dun mes, o/a novo/a vogal proposto/a para a súa representación.

Mediante Resolución do 20 de marzo de 2017, da directora da Axencia Turismo de Galicia (DOG núm. 60, do 27 de marzo), foron nomeados os membros do Consello do Turismo de Galicia. Unha vez nomeados, a Consellería do Medio Rural realizou unha proposta de modificación dos membros propostos inicialmente.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Cesar como membro titular do Consello do Turismo de Galicia a María Belén do Campo Piñeiro en representación da consellería con competencias en medio rural.

Segundo. Nomear como membro titular do Consello do Turismo de Galicia a José Silvestre Balseiros Guinarte en representación da consellería con competencias en medio rural.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2018

Mª Nava Castro Domínguez
Directora de Turismo de Galicia