Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2018 Páx. 47491

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 8 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifican as resolucións ditadas no procedemento administrativo tramitado por esta entidade (expediente 2002/211-36).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselle a través do Boletín Oficial del Estado á persoa citada no anexo as resolucións ditadas no marco do procedemento administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta no expediente tramitado nesta xefatura territorial.

Para o coñecemento íntegro das resolucións, a persoa interesada ou o seu representante dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírteselle que contra as resolucións poderá interpor recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación das resolucións, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 8 de outubro de 2018

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: 2002/211-36.

Interesada: Encarnación Soliño Chapela.

DNI: *****842Y.

Acto que se notifica: resolucións administrativas do 17 de agosto de 2018 e do 20 de agosto de 2018.

Efectos xurídicos que producen as resolucións: mantemento e modificación de medida administrativa.