Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2018 Páx. 47707

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso nas categorías de médico/a asistencial do 061, médico/a coordinador/a do 061 e médico/a de urxencias hospitalarias, convocado por Resolución do 22 de decembro de 2016, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as.

A base oitava da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 22 de decembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia nº 7, do 11 de xaneiro de 2017), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de médico/a asistencial do 061, médico/a coordinador/a do 061 e médico/a de urxencias hospitalarias do Servizo Galego de Saúde, dispón que contra os resultados da baremación provisional os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Á vista das reclamacións presentadas ou apreciado de oficio polo órgano de selección algún erro material na baremación provisional asignada aos/ás aspirantes, o tribunal practicará as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas da fase de concurso e a relación de aspirantes seleccionados/as, pola orde de puntuación alcanzada nas diferentes quendas de acceso, e elevará esta relación á autoridade convocante para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na base novena da citada resolución disponse, ademais, que os/as aspirantes definitivamente seleccionados/as disporán do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación para a presentación da documentación preceptiva exixida na convocatoria.

De conformidade co anteriormente exposto, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) os acordos dos tribunais relativos á puntuación definitiva da fase de concurso obtida polas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso nas categorías de médico/a asistencial do 061, médico/a coordinador/a do 061 e médico/a de urxencias hospitalarias, convocado por Resolución do 22 de decembro de 2016.

Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo, no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Segundo. Publicar, como anexo desta resolución, a relación dos/das aspirantes seleccionados/as neste proceso, segundo a orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso de conformidade co número de prazas convocadas e a previsión contida na base 1.4.3 da resolución de convocatoria.

Terceiro. De conformidade coa base 9.1 da convocatoria, os/as aspirantes seleccionados/as que se relacionan no anexo desta resolución disporán do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación para a presentación da seguinte documentación:

a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ter sido separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

b) Certificado médico oficial en que se acredite a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias da categoría.

c) Por exixencia do artigo 13 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, segundo a redacción efectuada pola Lei 26/2015, do 28 de xullo, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais dependente do Ministerio de Xustiza de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.

Esta autorización deberá prestarse no modelo que para o efecto consta na páxina web do Servizo Galego de Saúde, na parte relativa a emprego público (www.sergas.es/emprego público).

d) Declaración xurada ou promesa de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría a que opta.

e) Os/as aspirantes seleccionados/as que accederon pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar neste prazo, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola que se lle recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada dentro do prazo de presentación de solicitudes.

De conformidade coa base 9.2 da Resolución do 22 de decembro de 2016, os/as que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos para participar no proceso selectivo, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

Cuarto. Só para os efectos de elección de destino, de conformidade co artigo 9 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, os/as aspirantes que superasen o concurso-oposición pola quenda reservada a persoas con discapacidade poderán solicitar á autoridade convocante, no prazo que se indica no punto terceiro desta resolución, a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados.

Quinto. A documentación requirida nesta resolución deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e deberá dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703, Santiago de Compostela.

Sexto. Esta resolución poderá ser impugnada nos termos previstos na base XI da resolución de convocatoria do proceso, do 22 de decembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia nº 7, do 11 de xaneiro de 2017).

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2018

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Médico/a asistencial do 061

DNI

Apelidos e nome

Acceso

OPE

Formación

Experiencia

Investigación e innovación

Total

1

*623K

Núñez Aguado, Domingo

P

38,500

12,888

10,550

0,050

61,988

2

*016B

Pousa Fernández, Patricia

P

41,250

13,386

7,250

0,000

61,886

3

*324J

Romera Gómez, Elena

L

44,375

14,000

22,000

0,000

80,375

4

*044G

Dorribo Masid, Marta

L

46,250

14,000

17,040

1,050

78,340

5

*120X

Quintas Vázquez, Laura María

L

48,750

14,000

15,250

0,020

78,020

6

*180K

Campos García, Andrés

L

41,375

14,000

22,000

0,200

77,575

7

*877W

Carro Naveira, María José

L

39,375

14,000

22,000

0,000

75,375

8

*503J

Vigo Rivas, Noelia

L

43,125

14,000

16,230

0,000

73,355

Médico/a coordinador/a do 061

DNI

Apelidos e nome

Acceso

OPE

Formación

Experiencia

Investigación e innovación

Total

1

*153L

Ferreira Pardo, Jesús David

L

50,875

14,000

22,000

0,100

86,975

2

*130A

Contreras Martinón, Francisco

L

49,750

14,000

22,000

1,050

86,800

3

*555Q

Pena Seijo, Marta

L

47,125

14,000

21,600

3,650

86,375

4

*999N

García Sueiras, María Berta

L

51,000

13,325

22,000

0,000

86,325

5

*335M

García Mosteiro, Silvia

L

50,000

14,000

22,000

0,100

86,100

6

*923K

Somoza Digón, Jorge

L

52,000

14,000

18,400

0,350

84,750

7

*735Z

Cuba Orosa, Ana María

L

49,375

11,516

22,000

0,000

82,891

8

*459E

Hawkins González, Germán

L

46,625

14,000

22,000

0,250

82,875

9

*636K

González López, Virginia

L

46,750

14,000

22,000

0,000

82,750

10

*450L

Menéndez Parras, María del Pilar

L

43,000

14,000

22,000

0,000

79,000

11

*862A

Salgado Portabales, Ana

L

40,875

14,000

22,000

0,000

76,875

12

*012E

Salgado González, Estefania

D

39,125

11,475

8,300

0,300

59,200

Médico/a de urxencias hospitalarias

DNI

Apelidos e nome

Acceso

OPE

Formación

Experiencia

Investigación e innovación

Total

1

*007B

Bolaño Veiras, Sonia

L

55,000

12,340

22,000

0,200

89,540

2

*156P

Martínez Feijóo, Almudena

L

50,875

14,000

22,000

0,300

87,175

3

*201G

Romay Vázquez, Claudia Beatriz

L

51,250

14,000

21,200

0,000

86,450

4

*386J

Díaz Martínez, Elena

L

48,375

13,585

22,000

0,200

84,160

5

*404X

Mosquera Faraldo, Santiago

L

47,625

14,000

22,000

0,000

83,625

6

*323G

Vilar Pérez, Miguel

L

51,125

14,000

18,400

0,050

83,575

7

*816N

Casariego Ricoy, Fátima

L

47,125

14,000

22,000

0,200

83,325

8

*756X

Maza Vera, María Teresa

L

50,625

14,000

18,400

0,150

83,175

9

*355Z

Rodríguez Justo, Sandra

L

49,625

14,000

18,400

0,850

82,875

10

*090B

Reguera Rodríguez, Sandra María

L

46,250

14,000

22,000

0,100

82,350

11

*880Z

Núñez Gaviño, Ana Paula

L

46,000

14,000

22,000

0,150

82,150

12

*635K

Toba Alonso, Fernando

L

45,625

14,000

22,000

0,500

82,125

13

*357T

Vela Flórez, Laura

L

49,625

14,000

16,000

0,200

79,825

14

*429D

López Fernández, Inés

L

46,625

14,000

18,400

0,000

79,025

15

*801W

Benet Benedito, Isabel

L

42,500

14,000

22,000

0,000

78,500

16

*091S

Iglesias Piñeiro, Fátima

L

47,875

14,000

16,400

0,100

78,375

17

*166P

García Villar, Eva

L

44,875

14,000

18,660

0,600

78,135

18

*548R

Zanoun Abugazala, Mohammed

L

43,250

12,541

22,000

0,300

78,091

19

*567E

Ucha Souto, María Dolores

L

41,750

14,000

22,000

0,000

77,750

20

*202A

Pena López, Ana Vanessa

L

46,000

14,000

17,400

0,100

77,500

21

*463R

Santamaría Valladolid, Jesús

L

41,000

14,000

22,000

0,200

77,200

22

*836B

Cabaneiro Cabaneiro, José María

L

41,500

13,196

22,000

0,000

76,696

23

*900J

Del Río Martín, Paula

L

43,750

13,947

18,900

0,000

76,597

DNI

Apelidos e nome

Acceso

OPE

Formación

Experiencia

Investigación e innovación

Total

24

*337A

Dovigo Prieto, Carmen Amalia

L

40,500

14,000

21,100

0,550

76,150

25

*475K

Álvarez Alonso, Lorena

L

41,125

14,000

20,450

0,150

75,725

26

*994W

Meis Blanco, Belinda

L

41,625

11,094

22,000

0,800

75,519

27

*023S

Diéguez Pérez, Silvia

L

39,375

14,000

22,000

0,000

75,375

28

*187E

Iglesias Simón, Cristina

L

40,500

14,000

20,540

0,000

75,040

29

*980X

Rodríguez Rivas, Sara

L

38,875

13,944

22,000

0,000

74,819

30

*277Q

Blanco Sio, Sonia

L

44,125

14,000

16,000

0,350

74,475

31

*617N

Rodríguez González, Bruno

L

41,625

14,000

18,400

0,400

74,425

32

*401M

Díaz Pérez, Lucía María

L

41,125

14,000

18,300

0,000

73,425

33

*811T

Fernández Álvarez, María Esther

L

37,000

13,678

22,000

0,000

72,678

34

*491H

Folgar Leira, Beatriz Araceli

L

36,625

14,000

22,000

0,020

72,645

35

*184R

Fra Pérez, María Belén

L

36,625

14,000

22,000

0,000

72,625

36

*695X

Álvarez Moital, Isabel

L

42,250

14,000

16,000

0,300

72,550

* O NIF do/da profesional amósase cifrado en protección dos datos de carácter persoal.