Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2018 Páx. 47702

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e traballador/a social, convocado por Resolución do 22 de decembro de 2016, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as.

A base oitava da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 22 de decembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia nº 6, do 10 de xaneiro de 2017), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e traballador/a social do Servizo Galego de Saúde, dispón que contra os resultados da baremación provisional, os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Á vista das reclamacións presentadas ou apreciado de oficio polo órgano de selección algún erro material na baremación provisional asignada aos/ás aspirantes, o tribunal practicará as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas da fase de concurso e a relación de aspirantes seleccionados/as, pola orde de puntuación alcanzada nas diferentes quendas de acceso, e elevará esta relación á autoridade convocante para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na base novena da citada resolución disponse, ademais, que os/as aspirantes definitivamente seleccionados/as disporán do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación para a presentación da documentación preceptiva exixida na convocatoria.

De conformidade co anteriormente exposto, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso

RESOLVE:

Primeiro. Publicar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), os acordos dos tribunais relativos á puntuación definitiva da fase de concurso obtida polas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e traballador/a social, convocado por Resolución do 22 de decembro de 2016.

Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo, no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Segundo. Publicar, como anexo desta resolución, a relación dos/das aspirantes seleccionados/as neste proceso, segundo a orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso de conformidade co número de prazas convocadas e a previsión contida na base 1.4.3 da resolución de convocatoria.

Terceiro. De conformidade coa base 9.1 da convocatoria, os/as aspirantes seleccionados/as que se relacionan no anexo desta resolución disporán do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación para a presentación da seguinte documentación:

a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

b) Certificado médico oficial en que se acredite a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias da categoría.

c) Por exixencia do artigo 13 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, segundo a redacción efectuada pola Lei 26/2015, do 28 de xullo, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais dependente do Ministerio de Xustiza de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.

Esta autorización deberá prestarse no modelo que para o efecto consta na páxina web do Servizo Galego de Saúde, na parte relativa a emprego público (www.sergas.es/emprego público).

d) Declaración xurada ou promesa de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría a que opta.

e) Os/as aspirantes seleccionados/as que accederon pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar neste prazo, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola que se lle recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada dentro do prazo de presentación de solicitudes.

De conformidade coa base 9.2 da Resolución do 22 de decembro de 2016, os/as que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos para participar no proceso selectivo, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

Cuarto. Só para os efectos de elección de destino, de conformidade co artigo 9 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, os/as aspirantes que superasen o concurso-oposición pola quenda reservada a persoas con discapacidade, poderán solicitar á autoridade convocante, no prazo que se indica no punto terceiro desta resolución, a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados.

Quinto. A documentación requirida nesta resolución deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e deberá dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Sexto. Esta resolución poderá ser impugnada nos termos previstos na base XI da Resolución de convocatoria do proceso, do 22 de decembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia nº 6, do 10 de xaneiro de 2017).

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2018

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información

DNI

Apelidos e nome

Acceso

OPE

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

*319X

Candal Gómez, Javier

P

36,000

2,910

9,760

0,000

48,670

2

*551C

Iglesias Santomé, Ángel Enrique

L

33,250

8,000

11,600

2,000

54,850

3

*781Y

Castaño Piñeiro, Miguel Ángel

L

34,375

8,000

6,400

0,000

48,775

4

*221J

García Núñez, Marcos

L

39,625

3,220

0,000

0,000

42,845

5

*777F

Cacheda Vilar, David

L

33,750

8,000

0,000

0,000

41,750

6

*703F

Rodríguez Rodríguez, José Antonio

L

36,875

0,000

0,000

0,000

36,875

7

*801N

Carracedo Martínez, David

L

35,000

1,000

0,000

0,000

36,000

Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información

DNI

Apelidos e nome

Acceso

OPE

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

*630J

Requeijo Figueiras, José

P

38,500

3,845

5,500

2,000

49,845

2

*049H

Vázquez Rodríguez, Cristina

L

38,500

8,000

24,000

2,000

72,500

3

*111M

Rodríguez Castrelo, Ana Isabel

L

36,125

8,000

19,400

2,000

65,525

Traballador/a social

DNI

Apelidos e nome

Acceso

OPE

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

1

*623R

Otero Mosquera, Agustina Celsa

P

39,125

8,000

21,850

0,000

68,975

2

*705Q

Verea López de Guereñu, Elvira

P

38,000

8,000

15,160

0,000

61,160

3

*846E

Moure Rodríguez, Dolores

P

41,125

4,440

13,950

0,000

59,515

4

*894E

Barroso González, Antonio

P

36,875

7,570

13,840

0,000

58,285

5

*448X

Liñares Giménez, María Mercedes

P

35,000

8,000

14,850

0,000

57,850

6

*712H

Trillo Díaz, Susana

P

42,625

4,620

9,400

0,000

56,645

7

*454W

Rivas Pérez, Fernando

P

39,375

3,480

13,080

0,000

55,935

8

*391X

Casanova Portabales, Ricardo

P

35,125

8,000

12,480

0,000

55,605

9

*285W

Barbeito Vázquez, Verónica

L

47,625

8,000

25,190

0,000

80,815

DNI

Apelidos e nome

Acceso

OPE

Formación

Experiencia

Outras actividades

Total

10

*647Y

Paz Galindo, María Cristina

L

41,500

8,000

28,000

0,000

77,500

11

*718A

Simón Alonso, Manuel Antonio

L

42,625

8,000

24,500

0,000

75,125

12

*950Z

Portabales Pesqueira, Agustina

L

40,250

8,000

25,400

0,000

73,650

13

*364K

Fungueiriño Figueira, María Carmen

L

39,250

8,000

26,300

0,000

73,550

14

*989W

Capeáns Fernández, Ana

L

42,375

8,000

22,900

0,000

73,275

15

*835G

Álvarez Álvarez, Rosalía

L

38,875

8,000

23,800

0,200

70,875

16

*941W

Rodríguez Vázquez, María Jesús

D

34,500

8,000

11,700

0,000

54,200

* O NIF do/da profesional amósase cifrado en protección dos datos de carácter persoal.