Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2018 Páx. 47694

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso nas categorías de odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2016, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as.

A base oitava da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 22 de decembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 7, do 11 de xaneiro de 2017), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria do Servizo Galego de Saúde, dispón que contra os resultados da baremación provisional, os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Á vista das reclamacións presentadas ou apreciado de oficio polo órgano de selección algún erro material na baremación provisional asignada aos/ás aspirantes, o tribunal practicará as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas da fase de concurso e a relación de aspirantes seleccionados/as, pola orde de puntuación alcanzada nas diferentes quendas de acceso, e elevará esta relación á autoridade convocante para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na base novena da citada resolución disponse, ademais, que os/as aspirantes definitivamente seleccionados/as disporán do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación para a presentación da documentación preceptiva exixida na convocatoria.

De conformidade co anteriormente exposto, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso

RESOLVE:

Primeiro. Publicar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), os acordos dos tribunais relativos á puntuación definitiva da fase de concurso obtida polas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso nas categorías de odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria, convocado por Resolución do 22 de decembro de 2016.

Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo, no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Segundo. Publicar, como anexo desta resolución, a relación dos/das aspirantes seleccionados/as neste proceso, segundo a orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso de conformidade co número de prazas convocadas e a previsión contida na base 1.4.3 da resolución de convocatoria.

Terceiro. De conformidade coa base 9.1 da convocatoria, os/as aspirantes seleccionados/as que se relacionan no anexo desta resolución disporán do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación para a presentación da seguinte documentación:

a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

b) Certificado médico oficial en que se acredite a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias da categoría.

c) Por exixencia do artigo 13 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, segundo a redacción efectuada pola Lei 26/2015, do 28 de xullo, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais dependente do Ministerio de Xustiza de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.

Esta autorización deberá prestarse no modelo que para o efecto consta na páxina web do Servizo Galego de Saúde, no punto relativo a emprego público (www.sergas.es/emprego público).

d) Declaración xurada ou promesa de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría a que opta.

e) Os/as aspirantes seleccionados/as que accederon pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar neste prazo, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola que se lle recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada dentro do prazo de presentación de solicitudes.

De conformidade coa base 9.2 da Resolución do 22 de decembro de 2016, os/as aspirantes seleccionados/as que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos para participar no proceso selectivo, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

Cuarto. Só para os efectos de elección de destino, de conformidade co artigo 9 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, os/as aspirantes que superasen o concurso-oposición pola quenda reservada a persoas con discapacidade, poderán solicitar á autoridade convocante, no prazo que se indica no número terceiro desta resolución, a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados.

Quinto. A documentación requirida nesta resolución deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e deberá dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Sexto. Esta resolución poderá ser impugnada nos termos previstos na base XI da Resolución de convocatoria do proceso, do 22 de decembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 7, do 11 de xaneiro de 2017).

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2018

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Odontólogo/a de atención primaria

DNI

Apelidos e nome

Acceso

OPE

Formación

Experiencia

Investigación e innovación

Total

1

*528W

De Alonso Álvarez, Olga

P

41,250

6,944

6,960

0,000

55,154

2

*573Z

Sampedro Díaz, Rocío

P

36,250

1,580

10,760

0,000

48,590

3

*640X

Sánchez Julian, Ana

P

40,250

1,350

6,040

0,000

47,640

4

*282G

Fernández Rielo, Rosa María

L

37,875

8,000

26,800

0,000

72,675

5

*061M

Leira Abella, María Carmen

L

34,125

8,000

28,000

0,000

70,125

6

*467R

Prieto Regueiro, Beatriz Josefa

L

34,625

7,217

28,000

0,050

69,892

7

*043C

Ruíz Eguizabal, María Jesús

L

39,250

4,175

26,200

0,000

69,625

8

*546X

Rubiños López, Emilio José

L

37,625

3,340

28,000

0,320

69,285

9

*126N

Marmor Anuchnik, Viviana

L

35,375

5,150

28,000

0,000

68,525

10

*182P

Guldrís Vázquez, Ana

L

38,875

6,612

20,440

0,000

65,927

11

*929A

Cerdeira Gregorio, Francisco

L

34,375

8,000

20,000

0,000

62,375

12

*393D

Raposo González, Blanca

L

39,625

4,007

18,400

0,000

62,032

13

*302Y

Mohedano Mira, María de los Ángeles

L

36,625

3,925

20,600

0,150

61,300

14

*685K

Tarrío Barral, Juan José

L

44,125

8,000

8,800

0,150

61,075

15

*282K

García Vilar, Iria

D

39,750

5,270

0,000

0,000

45,020

Pediatra de atención primaria

DNI

Apelidos e nome

Acceso

OPE

Formación

Experiencia

Investigación e innovación

Total

1

*511B

Pérez Mourelos, Belén

P

52,750

14,000

10,000

0,000

76,750

2

*618P

León Muíños, Elvira

L

52,500

14,000

18,600

1,020

86,120

3

*274V

Lago Mandado, Patricia

L

53,500

14,000

17,400

0,000

84,900

4

*137F

García Sánchez, Natalia

L

56,875

14,000

13,800

0,200

84,875

5

*721T

Arias Álvarez, Sonia

L

54,375

14,000

14,840

0,000

83,215

6

*211Y

Otero Suárez, Iria

L

57,750

14,000

11,200

0,000

82,950

7

*972Z

García Cendon, Clara

L

49,500

14,000

18,050

0,400

81,950

8

*306A

Diz-Lois Palomares, Cristina

L

48,625

14,000

17,900

0,700

81,225

9

*848V

Vior Álvarez, María Paz

L

47,625

14,000

18,600

0,000

80,225

10

*022C

Muíño Vidal, Marta

D

46,875

14,000

11,600

0,040

72,515

* O NIF do/da profesional amósase cifrado en protección dos datos de carácter persoal.