Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2018 Páx. 48018

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 18 de outubro de 2018 pola que se notifica o acordo de inicio de reclamación patrimonial con referencia RP 15/18.

Conn data do 5 de setembro de 2018 formúlase a reclamación patrimonial presentada por Amparo Peña Peña por danos sufridos como consecuencia dunha caída no porto de San Tomé de Cambados, indicando expresamente como domicilio para efectos de notificación o lugar de Couto de Abaixo, nº 59, Castrelo, 36639 Cambados (Pontevedra).

No 4 de outubro de 2018 acórdase o inicio de expediente de reclamación patrimonial con referencia 15/18 e, intentada a notificación deste acordo no domicilio de notificación antes indicado, segundo o Servizo de Correos e Telégrafos, S.A., comunícase «descoñecido/a neste enderezo».

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), notifícase ao reclamante cuxo domicilio para efectos de notificación é o lugar de Couto de Abaixo, nº 59, Castrelo, 36639 Cambados (Pontevedra), mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o acordo de inicio de reclamación patrimonial con referencia RP 15/18.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Á vista de que estamos ante unha reclamación iniciada por instancia do interesado, de acordo co artigo 65.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en materia de responsabilidade patrimonial, requírese para que no prazo de dez (10) días hábiles envíe documentación relativa ao expediente de referencia.

Así mesmo, de acordo co artigo 66.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, de non remitir os documentos solicitados, considerarase desistida da súa petición, que se arquivará sen máis trámite, cos efectos previstos no artigo 21.1 da mesma lei.

O expediente completo atópase nas dependencias dos servicios centrais de Portos de Galicia, onde poderá ser examinado en horario das 9.00 ás 14.00 horas, en días hábiles, excluídos sábados, domingos e festivos.

E para que conste e sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2018

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia