Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2018 Páx. 47981

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 24 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de Centro para a valorización de residuos de construción e demolición (RCD) e almacenamento de residuos perigosos e non perigosos no polígono industrial da Rega, concello de Ortigueira (clave 2017/0239).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 19 de setembro de 2018 relativo ao proxecto de Centro para a valorización de residuos de construción e demolición (RCD) e almacenamento de residuos perigosos e non perigosos no polígono industrial da Rega, concello de Ortigueira, promovido por Villasuso Ortegal, S.L.

Este informe pódese consultar na ligazón http://www.cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático