Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2018 Páx. 47982

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 1 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade ás resolucións polas que se revisan as autorizacións ambientais integradas de Papelera de Brandía, S.A. (Santiago de Compostela, A Coruña) e Ence, Energía y Celulosa, S.A. (Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade ás seguintes resolucións:

Instalación: fábrica de produción de papel satinado

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Papelera de Brandía, S.A.

Expediente: 2016-IPPC-M-93

Localización: Santiago de Compostela (A Coruña)

Data: 26.9.2018

Instalación: fábrica de pasta de papel

Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada

Titular: Ence, Energía y Celulosa, S.A.

Expediente: 2016-IPPC-M-94

Localización: Pontevedra

Data: 28.9.2018

Estas resolucións poderán consultarse en http://cmaot.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático