Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2018 Páx. 47985

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2018/93-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Concello da Laracha.

Domicilio social: praza do Concello, s/n, 15145 A Laracha.

Denominación: LMT aérea, CT campo de fútbol e RBTA.

Situación: lugar A Ponte da Sal, O Corgo, 15145 A Laracha.

Características técnicas:

Liña de media tensión aérea de 15 kV, con inicio no apoio núm. 80/6 CH-2500/11P da Subder a Canteras O Pozo e remate no CT proxectado, condutor 47-AL1/8-ST1A (LA-56), lonxitude 10 m.

Centro de transformación de intemperie sobre apoio de formigón HVH 1600/11, cunha potencia de 25 kVA, refrixeración natural, en baño de aceite mineral e relación de transformación 15 kV/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao medio natural.

Contra o presente acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 6 de agosto de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña