Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2018 Páx. 47987

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 23 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai público o inicio do procedemento de reintegro das axudas a persoas autónomas, reguladas na Orde do 28 de decembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 29 de decembro), relativa ao expediente TR341D 2016/136-2.

Intentada a notificación da xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo pola que se acorda o inicio do procedemento de reintegro da subvención concedida, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o establecido no artigo 46 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da dita resolución como figura no anexo para que poida ter coñecemento del.

De conformidade co previsto no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle ao interesado un prazo de quince (15) días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente, ante esta xefatura territorial.

O interesado, durante este prazo, poderase presentar ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sito na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do acto administrativo.

Lugo, 23 de outubro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2016/136-2.

Nome: Pablo Jimmy Díaz Tumay.

DNI/NIF: 35626709P.

Último enderezo coñecido: avenida Arcadio Pardiñas, 140, 27880 Burela (Lugo).

Feito imputado: non manter a actividade durante un tempo mínimo de dous anos.

Precepto infrinxido: artigo 17, alínea b), da Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro ditado o 9 de outubro de 2018 pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo.