Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2018 Páx. 47972

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 129/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 129/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Jesús Vieites Cores contra Aparcamiento Labacolla, S.L. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2018.

Parte dispositiva.

Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a Juan Jesús Vieites Cores con Aparcamiento Labacolla, S.L. e condeno a Aparcamiento Labacolla, S.L. a aboarlle a Juan Jesús Vieites Cores a suma de 3.571,92 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral e a suma de 15.992,46 euros en concepto de salarios de tramitación.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina Paula Méndez Domínguez, maxistrada titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

A maxistrada

A letrada da Administración de xustiza.

Dilixencia. Seguidamente cúmprese o acordado. Dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Aparcamiento Labacolla, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza