Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2018 Páx. 47971

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 157/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 157/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago Carneiro Suárez contra Código y Señal, S.L., se ditou sentenza, cuxa decisión se achega:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Santiago Carneiro Suárez contra Código y Señal, S.L., debo condenar e condeno a mercantil Código y Señal, S.L. a aboarlle ao demandante a suma de 2.967,12 euros polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta sentenza, máis o xuro do artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais (que comportan 2.530,37 euros) desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, e o xuro do artigo 1108 do Código civil sobre a indemnización por fin de contrato (que comporta 436,55 euros) desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa non procede a súa condena nesta instancia, e deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Código y Señal, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto, decreto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza