Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2018 Páx. 47970

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 145/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 145/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jazmin Elizabeth Pinargote Cedeño contra a empresa Catering García, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Jazmin Elizabeth Pinargote Cedeño contra Catering García, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada Catering García, S.L. a aboarlle á demandante a suma de 2.127,37 euros brutos en concepto de diferenzas salariais por razón da xornada realizada devindicadas desde agosto de 2016 ao 23 xaneiro de 2017 e liquidación de vacacións non gozadas, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, así como ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios do letrado da parte demandante por importe de 200 euros.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa non procede a súa condena nesta instancia, e deberase estar ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Catering García, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza