Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2018 Páx. 47977

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 170/2014).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 170/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Xurxo García Noya contra a empresa Marcial García, S.L., Marcial García Guillin, María Abel Tarrío Fernández, Semar Aluminio, S.L., María del Carmen Guillin Rey, Urbana Industrial de Inversiones Gallegas, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar os executados Marcial García Guillin, María Abel Tarrío Fernández e María del Carmen Guillin Rey en situación de insolvencia por importe de 34.157,43 euros de principal, máis 3.702,70 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

c) Inscríbase no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 1596, clave 64 N, no Banesto, e deberá indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso”, seguida do “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Marcial García, S.L., Marcial García Guillin, María Abel Tarrío Fernández, Semar Aluminio, S.L., María del Carmen Guillin Rey, Urbana Industrial de Inversiones Gallegas, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza