Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2018 Páx. 47975

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 965/2015).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 965/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marta Taboada Cancela contra Automóviles J. y M. Fernández, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., IFER Coruña, S.L., Talleres J. y M. Fernández, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Decisión:

Estímase parcialmente a demanda interposta pola parte demandante fronte ás empresas codemandadas Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., IFER Coruña, e condénanse as codemandadas de forma solidaria a que lle aboen á demandante a cantidade do aboamento de 3.550,61 euros, dos cales 3.382,49 euros devindicarán os xuros de demora do artigo 29.3 ET e 168,12 o xuro legal, desde a data de interposición da papeleta de conciliación.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade que puidese corresponder ao Fondo de Garantía salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, coa indicación de que contra esta resolución non cabe recurso.

Así o acorda, manda e asina Elena Calleja Curros, maxistrada de reforzo deste xulgado.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Automóviles J. y M. Fernández, S.L., Talleres Fernández Coruña, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., IFER Coruña, S.L. e Talleres J. y M. Fernández, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza