Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2018 Páx. 48027

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de exposición pública do procedemento de expropiación por taxación conxunta para a execución do proxecto de mellora de saneamento e pavimentación en Lameira, parroquia de Pontellas, concello do Porriño.

A Alcaldía deste Concello, con data do 16 de xullo de 2018, ditou decreto polo que se acorda o inicio, polo procedemento de taxación conxunta, e se somete a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisa ocupar para a execución do proxecto de mellora de saneamento e pavimentación en Lameira, parroquia de Pontellas, concello do Porriño, que na súa parte dispositiva establece o seguinte:

Primeiro. Iniciar a tramitación do procedemento de expropiación por taxación conxunta para a execución do proxecto de mellora de saneamento e pavimentación en Lameira, parroquia de Pontellas, O Porriño.

Segundo. Someter o proxecto a exposición pública durante o prazo dun mes, mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior tiraxe da provincia, para que os que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que concirne á titularidade ou valoración dos seus respectivos bens ou dereitos.

Para os efectos do recoñecemento da titularidade dos bens e dereitos afectados e do pagamento no seu momento do prezo xusto aprobado aos propietarios e titulares de dereitos, deberán achegar os documentos ou títulos xustificativos completados coa súa certificación rexistral ou, de ser o caso, certificación negativa referida ao mesmo predio descrito nos títulos.

Notificar ao Ministerio Fiscal e á Delegación Provincial do Ministerio de Economía e Facenda e publicar os edictos, para os efectos do previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. Notificar individualmente as taxacións aos que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data da notificación. Para estes efectos, o proxecto estará exposto nas dependencias do Departamento de Urbanismo do Concello do Porriño. Durante ese prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas nas dependencias deste Concello do Porriño, así como nos lugares establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A relación dos propietarios, predios e superficies é a que figura no anexo que se achega.

O Porriño, 26 de outubro de 2018

Eva García de la Torre
Alcaldesa

ANEXO

Nº de orde

Datos de catastro

Propietario

Superficies en m2

Polígono

Parcela

Ref. catastral

Ocupación temporal

Servidume de acueduto

1

18

473

36039A018004730000DL

Maceira Maceira, Josefa

25

20

2

18

474

36039A018004740000DT

Maceira Pereira, José

30

22

3

18

475

36039A018004750000DF

Rodríguez Barreiro, Dolores (hrdos.)

80

61