Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2018 Páx. 48026

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación definitiva (expediente FG 531).

Polo Concello Pleno, en sesión ordinaria con data do 27 de setembro de 2018, acordouse aprobar definitivamente o estudo de detalle para ordenación de volumes das parcelas 8.2 e Ex. 5.1 do Plan parcial SUNP.I-33-R, en Iñás (Doc. data 16.8.2018 nº 15796).

O estudo de detalle é unha disposición xeral polo que contra este poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación desta disposición.

Oleiros, 8 de outubro de 2018

Ángel García Seoane
Alcalde presidente