Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2018 Páx. 48025

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boborás

ANUNCIO de ampliación do uso dotacional público do equipamento público no ámbito do CEIP Nosa Señora de Xuvencos (artigo 42.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia).

O Pleno do Concello de Boborás, en sesión extrordinaria que tivo lugar o día 14 de setembro de 2018, adoptou o seguinte acordo:

– A ampliación do uso como uso cultural das antiguas casas dos maestros do CEIP Nosa Señora de Xuvencos.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, por ser unha disposición de carácter xeral, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, consonte o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo. Todo isto sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

Boborás, 26 de outubro de 2018

Rosa González Doporto
Alcaldesa en funcións