Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2018 Páx. 47960

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2018 pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso na escala administrativa, subgrupo C1, pola quenda de promoción interna.

De acordo coa base cuarta da Resolución reitoral do 13 de setembro de 2018 (DOG núm. 180, do 20 de setembro) mediante a que se convocou un proceso selectivo para o ingreso na escala administrativa, subgrupo C1, pola quenda de promoción interna, esta reitoría, en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo,

RESOLVE:

Primeiro. Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, declarar aprobada a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no dito proceso de selección. A lista provisional de aspirantes admitidas/os, anexo I, poderase consultar no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade de Vigo (Edificio da Xerencia. Campus de Vigo) e na seguinte páxina electrónica: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo.

Segundo. Publicar a relación provisional de aspirantes excluídos/as, con indicación da causa de exclusión, que figura como anexo II. En todo caso, coa finalidade de evitar erros e, no suposto de producirse, posibilitar a súa rectificación, as persoas aspirantes comprobarán non só que non figuran na relación de excluídos/as, senón tamén que os seus nomes constan na relación de admitidos/as.

Terceiro. Consonte a base cuarta da convocatoria, as persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para poderen emendar o defecto que motivou a exclusión ou a omisión. Quen, dentro do prazo sinalado, non emende a exclusión ou alegue a omisión, xustificando o dereito a ser incluído/a na relación de persoas admitidas, será definitivamente excluído/a do proceso selectivo.

Vigo, 24 de outubro de 2018

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO II

Relación provisional de persoas excluídas

NIF

Nome completo

Causa de exclusión

36110966T

Pérez Juste, Germán

Non ter prestado servizos efectivos como persoal funcionario durante, polo menos, dous anos no subgrupo C2