Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2018 Páx. 47962

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 1448/2018-GA).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 1448/2018GA

Xulgado de orixe/autos: procedemento de oficio autoridade laboral 357/2017 Xulgado do Social número 1 de Ourense

Recorrente: Fernando Miguel Duegues Fernandes-Marques

Avogado: Ignacio José Sevilla Gallo

Procurador: Camilo Enríquez Naharro

Recorridos: Subdelegación do Goberno en Ourense, Ministerio Fiscal, Solcireht Margarita Manzo Piña, Alexandra da Silva Mota

Avogado: avogado do Estado

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1448/2018 desta sección, seguido por instancia de Fernando Miguel Duegues Fernandes-Marques contra a Subdelegación do Goberno en Ourense, Ministerio Fiscal, Solcireht Margarita Manzo Piña e Alexandra da Silva Mota, sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos.

Que con desestimación do recurso interposto pola representación procesual do codemandado Fernando Miguel Duegues Fernandes-Marques, confirmamos a sentenza de data nove de outubro de dous mil dezasete ditada polo xulgado do Social número 1 dos de Ourense, ditada en autos 357/2017 sobre procedemento de oficio.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Alexandra da Silva Mota, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza