Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2018 Páx. 48071

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de varios postos de xefatura de grupo de persoal administrativo de xestión e servizos.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, convocouse mediante a Resolución do 29 de xaneiro de 2018 (DOG núm. 36, do 20 de febreiro), a provisión, polo sistema de concurso de méritos, de varios postos de xefatura de grupo de persoal administrativo de xestión e servizos.

Con base no Decreto 46/2013, do 7 de marzo, polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo, e en virtude das funcións e competencias atribuídas no Decreto 168/2010, do 7 de outubro, e na Orde do 5 de xullo de 2012 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, esta Xerencia

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de varios postos de xefatura de grupo de persoal administrativo de xestión e servizos da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Vigo, convocada pola Resolución do 29 de xaneiro de 2018.

Segundo. Nomear para os postos que se indican as persoas citadas no anexo desta resolución.

Terceiro. O aspirante nomeado deberá cesar na praza que desempeñe, dentro dos 3 días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos 3 días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince (15) días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 3 de outubro de 2018

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo

ANEXO

1. Denominación do posto: xefe de grupo da xestión administrativa de compras e control de gasto de mantemento.

Nome e apelidos: José Luis Prieto Álvarez.

DNI: 36041273C.

2. Denominación do posto: xefa de grupo de coordinación administrativa, rexistro e coordinación do persoal adscrito á Dirección de Recursos Económicos.

Nome e apelidos: Mª Begoña Currás Veloso.

DNI: 36099721W.

3. Denominación do posto: xefa de grupo de área de xestión de persoal de atención primaria.

Nome e apelidos: Alexia López Rodríguez.

DNI: 36086658A.