Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2018 Páx. 48070

IV. Oposicións e concursos

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2018 pola que se fai pública nota aclaratoria sobre a cobertura dos postos de traballo do proceso selectivo convocado pola Resolución do 11 de outubro de 2018 para a contratación temporal de tres postos de celador/a gardapeiraos.

No Diario Oficial de Galicia núm. 2015, do 26 de outubro de 2018, publícase a Resolución do 11 de outubro pola que se convoca proceso selectivo para a contratación de persoal laboral temporal (contrato de interinaxe) de tres postos de traballo.

Os postos de traballo que se convocan na categoría de celador/a gardapeiraos son os seguintes:

–1 Porto de Cedeira (zona norte de Portos de Galicia).

– 1 Porto de Muros (zona centro de Portos de Galicia).

– 1 Porto de Vilaxoán-Carril (zona sur de Portos de Galicia).

Dados os antecedentes expostos, e ante as consultas formuladas por aspirantes, para os efectos aclaratorios, infórmase que dentro dun proceso selectivo único, a cobertura dos postos efectuarase por elección dos aspirantes que resulten seleccionados tendo en conta a orde resultante da puntuación definitiva, comezando polo aspirante que obteña maior puntuación, e finalizando co aspirante que obteña menor puntuación entre os propostos.

Co fin de asegurar a cobertura dos postos de traballo convocados cando se produzan renuncias das persoas seleccionadas antes da formalización do contrato, ou cando estas non acrediten os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano convocante requirirá da comisión de selección unha relación complementaria das persoas aprobadas que sigan as propostas.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia