Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2018 Páx. 48069

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 15 de outubro de 2018 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación.

Advertidos erros na devantida orde, publicada no DOG núm. 208, do 31 de outubro de 2018, cómpre efectuar as seguintes correccións:

No anexo V, páxina 47600, débese engadir a continuación do código centro 27016558 (CMUS Profesional Xoán Montes), o seguinte centro:

Código localidade

Localidade

Concello

Código centro

Centro

270282701

Lugo

Lugo

27020707

CDAN Conservatorio Profesional de Danza

No anexo XI, na súa páxina 47642, débese engadir entre o código 097 (especialidade de Instrumentos históricos de vento) e o código 100 (especialidade de Tecnoloxía musical), a seguinte especialidade:

Código

Especialidade

098

Repertorio con piano para instrumentos