Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2018 Páx. 48075

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño

EDICTO (LSG 238/2017).

Eu, José Antonio Romasanta Ageitos, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño, fago saber que, en virtude do acordado en resolución ditada no día da data no procedemento de formación de inventario para a liquidación da sociedade de gananciais 238/2017, e de conformidade co artigo 497.2 da LAC, por medio deste edicto notifícaselle a Manuel Machado Goncálvez o auto do 16 de xullo de 2018, que non é firme e contra o cal cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días.

Fáiselle saber que esa resolución estará ao seu dispor nas oficinas do xulgado.

O Carballiño, 15 de outubro de 2018

O letrado da Administración de xustiza