Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2018 Páx. 48076

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (171/2015).

Eu, Rosana Corral García, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 171/2015 por instancia de María del Pilar Sánchez Gabín contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Ministerio de Educación, o Concello de Miño, Hotel Los Ángeles Betanzos, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre xubilación, nos cales foi ditada sentenza no 4 de outubro de 2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido.

Estimar parcialmente a demanda interposta por María del Pilar Sánchez Gabín contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Ministerio de Educación, o Concello de Miño e a empresa Hotel Los Ángeles Betanzos, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase o dereito da demandante, María del Pilar Sánchez Gabín, a percibir unha pensión de xubilación cunha porcentaxe do 86 % sobre a base reguladora recoñecida, incremento do cal responderán o Ministerio de Educación (62,5 % de tal incremento) e o Concello de Miño (37,5 % de tal incremento) mediante a correspondente constitución do capital custo sen prexuízo da obriga de anticipo das entidades xestoras.

– Absólvese Hotel Los Ángeles Betanzos, S.L. das pretensións exercidas contra ela.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal será suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Hotel Los Ángeles Betanzos, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 15 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza