Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2018 Páx. 48191

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se dá publicidade do convenio de colaboración subscrito por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2018.

En virtude do establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade ao convenio subscrito pola Consellería de Facenda no mes de agosto do ano 2018, e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2018

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio
da Consellería de Facenda

ANEXO

Convenio de colaboración subscrito pola Consellería de Facenda no mes de agosto de 2018:

Convenio

Importe (€)

Data da sinatura

Protocolo de Adhesión do Concello de Cariño ao Convenio de colaboración asinado o 8 de abril de 2015 entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario, así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

1.8.2018