Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2018 Páx. 48235

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 25 de outubro de 2018 pola que se adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou os procesos selectivos para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocados polas ordes do 16 de xullo de 2013 e do 18 de maio de 2015.

Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Orde do 11 de outubro de 2018 (DOG núm. 200, do 19 de outubro) a que foi convocado o persoal funcionario que superou os procesos selectivos para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Adxudicar con carácter definitivo os postos que figuran no anexo desta orde ao persoal funcionario que superou os procesos selectivos para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocados polas ordes do 16 de xullo de 2013 e do 18 de maio de 2015 (DOG núm. 140, do 24 de xullo, e núm. 95, do 22 de maio, respectivamente), de acordo coa elección realizada no acto público que tivo lugar o día 24 de outubro de 2018.

Segundo. De conformidade co disposto na Lei 27/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o prazo da toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.

O cesamento deberá efectuarse ao día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes e deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2018

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Proceso selectivo convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013.

Núm.

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro directivo

Centro destino

Concello

1

Álvarez Civeira, Noemí

5

FCA291000036001110

FC

Xefatura de equipo

A1/A2

25

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Delegación Pontevedra

Pontevedra

2

Eiroa Fondo, Ana María

6

FCC030000215770037

FC

Xefatura de sección

A1/A2

25

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

S. X. de Contabilidade

Santiago de Compostela

3

Canoura Lamelas, Silvia

2

FCA291000027001077

FC

Xefatura de equipo

A1/A2

25

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Delegación Lugo

Lugo

Proceso selectivo convocado pola Orde do 18 de maio de 2015.

Núm.

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro directivo

Centro destino

Concello

1

Piñeiro González, Manuela

7

FCC030000415770026

FC

Técnico/a de Auditoría

A1/A2

25

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

S. X. de Control Financeiro Permanente e Auditoría do Sector Público

Santiago de Compostela

2

García Sánchez, Diana

8

FCC030001215770013

FC

Xefatura sección

A1/A2

25

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Intervención Delegada da Consellería de Facenda

Santiago de Compostela

3

Roca Gacio, Iria

4

FCA291000027001079

FC

Xefatura de equipo

A1/A2

25

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Delegación Lugo

Lugo

4

Ramos Becerra, Manuel Rubén

9

FCC040000415770008

FC

Analista de custos de persoal II

A1/A2

25

Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos

S. X. de Custos de Persoal

Santiago de Compostela

5

López García, Diego

1

FCA200000215770003

FC

Xefatura de equipo

A1/A2

25

Axencia Tributaria de Galicia

Área de Xestión Tributaria

Santiago de Compostela

6

Ferreiro del Rey, Óscar

10

FCC050000615770003

FC

Xefatura sección

A1/A2/C1

25

Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos

Subdirección Xeral de Seguimento e Control dos Fondos Comunitarios

Santiago de Compostela

7

Rossell López, Luís

3

FCA291000027001078

FC

Xefatura de equipo

A1/A2

25

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Delegación Lugo

Lugo