Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2018 Páx. 48232

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 25 de outubro de 2018 pola que se adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 18 de maio de 2015.

Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Orde do 11 de outubro de 2018 (DOG núm. 200, do 19 de outubro) a que foi convocado o persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Adxudicar con carácter definitivo os postos que figuran no anexo desta orde ás funcionarias que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 18 de maio de 2015 (DOG núm. 95, do 22 de maio), de acordo coa elección realizada no acto público que tivo lugar o día 24 de outubro de 2018.

Segundo. De conformidade co disposto na Lei 27/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o prazo da toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.

O cesamento deberá efectuarse ao día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de un mes e deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2018

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Núm.

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro directivo

Centro destino

Concello

1

Carro Espada, Raquel

2

FCC040000015770002

FC

Técnico/a financeiro/a

A1/A2

25

Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos

D. X. de Planificación e Orzamentos

Santiago de Compostela

2

Coego Montoto, Paula

1

FCA291000032001130

FC

Xefatura unidade de inspección

A1

26

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Delegación Ourense

Ourense