Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2018 Páx. 48239

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade consumo, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 29 de outubro de 2018, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de febreiro de 2018 (DOG núm. 36, do 20 de febreiro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade consumo, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017 (DOG núm. 69, do 7 de abril),

ACORDOU:

Primeiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade consumo, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017 no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal e no lugar de realización do exercicio.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, así como na Resolución deste tribunal do 20 de xuño de 2018, superaron o segundo exercicio as persoas que obtiveron unha puntuación mínima de 7,50 puntos.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da Orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2018

Alfonso Diéguez García
Presidente do tribunal