Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2018 Páx. 48304

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 15 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Xustiza, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia para os efectos do coñecemento do Acordo do 2 de outubro de 2018.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación obxecto deste anuncio ao DNI 76351826Z, na forma prevista nos artigos 41 e 42 do citado texto legal, publícase a indicación do dito acto administrativo por entender que a súa publicación íntegra podería lesionar dereitos e intereses lexítimos.

O interesado que se cita, ou o seu representante debidamente acreditado, poderá comparecer para o coñecemento íntegro da dita resolución no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Xustiza da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na rúa Madrid, 2-4, 2º, Fontiñas, Santiago de Compostela. A comparecencia efectuarase en horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres.

A notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da comparecencia ou, transcorrido o dito prazo sen efectuarse esta, desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra o acordo que se notifica non cabe interpor ningún recurso, aínda que o interesado, conforme o previsto no artigo 112.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderá realizar alegacións para opoñerse a el, sen prexuízo da posibilidade de recorrer contra a resolución que poña fin a este procedemento.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2018

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Acto de notificación: acordo da Dirección Xeral de Xustiza.

Data da resolución: 2 de outubro de 2018.

Interesado: DNI 76351826Z.

Último enderezo coñecido: Vilafranca, 46 (Marcón), 36158, Pontevedra.