Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2018 Páx. 48310

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 18 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifican as persoas interesadas das autorizacións administrativas previa e de construción, da declaración de utilidade pública, en concreto, así como da compatibilidade cun dereito mineiro, do parque eólico Coto Frío (expediente IN661A DXIEM-03/11).

Mediante a Resolución do 22 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, fíxose público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 3 de agosto de 2017, polo que se outorgan a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, e se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade cun dereito mineiro do parque eólico Coto Frío, sito nos concellos de Dozón (Pontevedra), Piñor e O Irixo (Ourense), promovido pola sociedade Coto Frío, S.L. (IN661A DXIEM-03/11).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase a Antonio Álvarez Gil, a Dolores Areán López, a Erundina Bernárdez Bernárdez, a José Manuel Bernárdez Saburido, a María Manuela Blanco Fraga, a José Cibeira Fariña, a Dozón Cibeiras de Castro, a Manuel Crespo Souto, a José Manuel Fariña Fernández, a María Fariñas González, a Isolino Fernández Albarellos, a Antonio Fernández Guerra, a David Fernández Reboredo, a Esther Fernández Rodríguez, a Dozón Ferreiras de Castro, a Gumersindo García Mato, a José González Fariñas, a Celia González González, a Manuel González, a Isaura Hermida Suárez, a Aurora Hermida Taboada, a Josefa Hermona Suárez, a Esperanza López Beltrán, a Manuel López Fraga, a Adrián López Nogueira e irmáns, a Manuel López Rodríguez, a María Rosario Lorenzo Crespo, á Comunidade de Veciños de Sanguiñedo, a Anuncia Mato Fariñas, a Manuel Nogueira Ferradas, a Manuel Nogueira Ferradas e irmán, a Belisario Nogueira García, a Antonio Rodríguez Lorenzo e herdeiros, a Froulán Pérez Manuel, a Anunciación Reboredo Fariña, a María Teresa Reboredo González, a Manuel Reboredo Pérez, a José Rivela Pereira, a Dolores Rodríguez González, a Dolores Suárez Hermida, a Antonio Teixeira Lois, a Edelmiro Teixeira Lois, a Francisco Teixeira Lois, a José Teixeira Lois, a Manuel Teixeira Lois, a María José Teixeira Lois, a Antonio Vázquez Fernández, a Manuel Vázquez Rodríguez, a Antonio López García, a María López Lois, a Antonio Pérez Lorenzo, a Gabriel López López, a Carmen López García, a Adif, para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas