Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión das bateas Bea III e Bea V e das concesións que as amparan, resulta:
a) Antecedentes:
Primeiro. Mediante escrito do 13 de xullo de 2018, María del Pilar Blanco Torrado solicita autorización para a transmisión mortis causa da concesión das bateas Bea III e Bea V.
Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación e achegou con data do 7 de agosto de 2018 a conformidade do resto de titulares das bateas, e con data do 10 de setembro de 2018, os documentos de modificación da comunidade de bens, que adopta a nova denominación de Silblamar, C.B.
b) Consideracións legais e técnicas:
Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro) de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro (DOG núm. 243, do 16 de decembro), de pesca de Galicia, e co Decreto 406/1996, do 7 de novembro, que aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, co Decreto 174/2002, do 10 de maio, polo que se modifica o Regulamento de viveiros (DOG núm. 97, do 22 de maio), e coa Orde do 8 de setembro de 2017, de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.
Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:
Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de María del Pilar Blanco Torrado (52453084C), Esteban Fernández Blanco (52933512R) e Lucía Fernández Blanco (53797885B), das concesións administrativas das bateas que se indican a seguir:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Bea III.
Situación:
Cuadrícula nº: 88.
Polígono: B.
Distrito: Muros (A Coruña).
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 11.6.1972.
Remate da vixencia: 15.12.2019.
Actuais titulares: José Germán Fernández Triñanes (78780496E), María del Pilar Blanco Torrado (52453084C), Benigno Calo Romero (78780510J) e Manuel Mª Silva Triñanes (78780524G).
Novos titulares: María del Pilar Blanco Torrado (52453084C) 17 %, Esteban Fernández Blanco (52933512R) 8,5 % e Lucía Fernández Blanco (53797885B) 8,5 %, Benigno Calo Romero (78780510J) 33 % e Manuel Mª Silva Triñanes (78780524G) 33 %.
Tipo: batea.
Nome: Bea V.
Situación:
Cuadrícula nº: 90.
Polígono: B.
Distrito: Muros (A Coruña).
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 28.10.1963.
Remate da vixencia: 15.12.2019.
Actuais titulares: José Germán Fernández Triñanes (78780496E), María del Pilar Blanco Torrado (52453084C), Benigno Calo Romero (78780510J) e Manuel Mª Silva Triñanes (78780524G).
Novos titulares: María del Pilar Blanco Torrado (52453084C) 17 %, Esteban Fernández Blanco (52933512R) 8,5 % e Lucía Fernández Blanco (53797885B) 8,5 %, Benigno Calo Romero (78780510J) 33 % e Manuel Mª Silva Triñanes (78780524G) 33 %.
Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores desde o momento da publicación no Diario Oficial de Galicia da orde de autorización.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A Coruña, 4 de outubro de 2018
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña


