Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2018 Páx. 48340

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Ailalelo Deseño Gráfico, S. Coop. Galega

ANUNCIO de disolución de cooperativa e nomeamento de liquidador.

En cumprimento do establecido no artigo 87 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, faise público que, con data do 10 de agosto de 2018, a asemblea xeral extraordinaria de socios, cumprindo cos requisitos previstos na lei e nos propios estatutos, decidiu aprobar por unanimidade a disolución de Ailalelo Deseño Gráfico, Sociedade Cooperativa Galega e que foi nomeado para o efecto como liquidador Manuel Alfonso López-Ron Martínez, con DNI 33333987H.

Lugo, 10 de agosto de 2018

Manuel Alfonso López-Ron Martínez
Liquidador