Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2018 Páx. 48339

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de aprobación de cambio de uso de parcela municipal sita no lugar de Aldea número 130 (Covas).

O 30 de agosto de 2018 a Xunta de Goberno local acordou:

Primeiro. Aprobar, ao abeiro do disposto no artigo 42.5 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, o cambio de uso dotacional da parcela sita no lugar de Aldea, núcleo número 130 (Covas), inscrita no inventario municipal de bens (código 1200110), con referencia catastral 8817018NJ5281N0001HE, de uso dotacional «docente» a uso dotacional «docente e sociocultural».

Segundo. Publicar o presente acordo no BOP e no DOG e remitir o dito acordo, xunto con dúas copias debidamente dilixenciadas do aprobado, á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, para o seu coñecemento e efectos, así como para a inclusión nos sistemas de información urbanística da Comunidade Autónoma. No anuncio de aprobación farase constar a dita remisión.

Terceiro. Notificar o dito acordo aos servizos do Concello que puidesen resultar afectados.

O 14 de setembro de 2018 foron notificadas á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio dúas copias dilixenciadas do aprobado.

Ferrol, 14 de setembro de 2018

O alcalde
P.D. (Resolución do 11.10.2016; BOP do 26 de outubro)
María Fernández Lemos
Concelleira delegada titular da Área de Urbanismo e Mobilidade