Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2018 Páx. 48206

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN pola que se anuncia a convocatoria de axudas de acción social para o persoal desta entidade para o exercicio 2018.

A Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega, na súa reunión do 31 de outubro de 2018, aprobou as bases reguladoras para a concesión das axudas ao seu persoal, encadradas dentro dos fondos de acción social para o exercicio 2018: axudas para a atención a discapacitados. Estas bases están expostas no taboleiro de anuncios da institución e queda aberto o prazo de presentación de solicitudes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia durante quince días hábiles.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2018

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega