Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2018 Páx. 48194

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2018 pola que se convocan probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Primeiro. Obxecto

O obxecto desta resolución é a convocatoria das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e a súa expedición.

As probas rexeranse polo establecido nesta resolución e nas bases xerais recollidas na Orde do 21 de abril de 2010 (DOG nº 78, do 27 de abril).

Os códigos dos procedementos regulados son PR471A e PR472A.

Segundo. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

As persoas interesadas deberán achegar coa súa solicitude a seguinte documentación:

a) Xustificante do ingreso da taxa, co selo da entidade bancaria con indicación da data.

b) Copia do xustificante, de ser o caso, de ter unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, no suposto que non fose expedido pola Xunta de Galicia.

c) Dúas fotografías tamaño carné de identidade co nome e apelidos escritos no dorso.

d) Certificación de aptitude dos niveis de lingua galega oral, iniciación ou perfeccionamento ou equivalentes (Celga 1, 2, 3 e 4) cando non fose expedido directamente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formación da proposta de resolución.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supera os tamaños máximos establecidos ou ten un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Terceiro. Comprobación de datos

Para a tramitación do procedemento PR471A (anexo I) consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) Situación de desemprego.

c) Discapacidade igual ou superior ao 33 %, no suposto de ser expedido pola Xunta de Galicia.

d) Certificado de inexistencia de antecedentes penais.

e) Certificación de aptitude dos niveis de lingua galega oral, iniciación ou perfeccionamento ou equivalentes (Celga 1, 2, 3 e 4) sempre que fose expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberan indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Cuarto. Taxa

Conforme dispón a Lei 6/2003, do 9 de setembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo a modificación introducida pola Lei de orzamentos para o ano 2011, a taxa por participación nas probas para obter a certificación acreditativa da habilitación será de 50.90 euros que serán ingresados mediante o modelo xeral de autoliquidación de taxas.

Poden acceder a el desde a páxina web da Axencia Tributaria de Galicia (www.atriga.es), a través da cal poderá pagar, no caso de non ter certificado dixital, de forma presencial presentándose na entidade colaboradora, das cales existe unha listaxe pública nesa mesma páxina web, ou telemáticamente con tarxeta bancaria. No caso de ter certificado dixital, poderá pagar accedendo á oficina virtual, de forma presencial, telemáticamente mediante cargo en conta ou con tarxeta.

As/os aspirantes deberán cubrir, nos puntos habilitados para o efecto no referido modelo de autoliquidación de taxas, tanto se o pagamento se fai de xeito presencial na entidade colaboradora, como telematicamente a través da oficina virtual da Axencia Tributaria de Galicia, os seguintes códigos:

Conselleria de: Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Código: 04.

Delegación de Pontevedra.

Código: 40.

Servizo de Academia Galega de Seguridade Pública.

Código: 19.

Taxa: denominación: Participación nas probas para obter certificación acreditativa da habilitación.

Código: 30.48.01.

Total: 50,90 euros.

Ademais as/os aspirantes cubrirán os seus datos persoais nos puntos reservados para tal fin no dito modelo.

Están exentos do pagamento desta taxa:

1. As/os aspirantes que figuren inscritas/os como desempregados no Instituto Nacional de Emprego.

2. As/os aspirantes que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, acreditando documentalmente tal situación, agás no caso de que a situación de discapacidade fose expedida pola Xunta de Galicia.

A falta de xustificación do pagamento íntegro da taxa por dereitos de exame, dentro do prazo de presentación de solicitudes, determinará a exclusión da/do aspirante do proceso, sen que sexa posible emendar tal deficiencia nun momento posterior.

Quinto. Lugar e prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes do procedemento PR471A presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos logo da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medio electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sexto. Admisión

A admisión dos aspirantes realizarase nos prazos e na forma prevista no artigo 5 das bases xerais.

Sétimo. Data, tribunal cualificador e lugar de realización

A data e composición do tribunal cualificador das probas correspondentes a esta convocatoria coñeceranse na resolución que faga pública a relación definitiva de aspirantes admitidas/os á súa realización.

As probas realizaranse na sede da Agasp (avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, Pontevedra).

Oitavo. Información aos/as interesados/as

Sobre esta convocatoria, poderase obter información adicional, na Academia Galega de Seguridade Pública, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública (https://agasp.xunta.gal).

b) No enderezo electrónico formacion.agasp@xunta.gal

c) No teléfono da Agasp 886 20 61 10.

d) No Servizo de Formación en Seguridade Pública na Agasp (avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, Pontevedra).

Noveno. Información básica sobre protección de datos

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia –Academia Galega de Seguridade Pública– coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que se derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta cidadá.

O tratamento dos datos basearase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, reflectíndose esta circunstancia no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia como son os diarios oficiais, páxinas web e os taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

Décimo. Expedición da habilitación do persoal de control de acceso

As/os aspirantes que superen as probas deberán presentar una solicitude dirixida á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior axustado ao modelo normalizado que figura como anexo II desta resolución (código PR472A) xunto co xustificante de ter aboada a correspondente taxa, para que lle sexa expedida a habilitación prevista no artigo 6 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, necesaria para desenvolver a función de control de acceso, xunto co distintivo que os identifique e acredite como persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

As solicitudes poderán presentarse segundo o establecido na disposición quinta desta resolución no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da relación definitiva das/os aspirantes que superaron as probas no Diario Oficial de Galicia.

O pagamento da taxa poderá facerse en calquera das modalidades previstas na disposición cuarta desta resolución, debendo cubrir os seguintes códigos no modelo de autoliquidación:

Conselleria de: Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Código: 04.

Delegación de Servizos Centrais.

Código: 13.

Servizo de Interior e Espectáculos Públicos.

Código: 20.

Taxa: denominación: expedición e renovación da habilitación.

Código: 30.48.02.

Total: 5,98 euros.

Disposición derradeira primeira

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación.

A Estrada, 29 de outubro de 2018

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridad Pública

missing image file
missing image file
missing image file