Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2018 Páx. 48405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ACORDO do 5 de novembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, polo que se fai pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no concurso público para a adxudicación de novas oficinas de farmacia.

Transcorrido o prazo previsto no punto 9.1 do artigo 22 do Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, peche e transmisión das oficinas de farmacia, por proposta da comisión de valoración constituída para o efecto, e logo da comprobación do cumprimento por parte das persoas aspirantes dos requisitos necesarios para participar no concurso, esta secretaría xeral técnica

ACORDA:

Primeiro. Aprobar a lista definitiva de persoas admitidas no concurso público para a adxudicación de novas oficinas de farmacia.

A citada lista poderá ser consultada na páxina web oficial da Consellería de Sanidade (www.sergas.es) desde o mesmo día da publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Declarar excluídas definitivamente ás persoas concursantes que figuran na lista polas causas que se indican.

Terceiro. Requirir todas as persoas concursantes admitidas definitivamente a presentación dos documentos acreditativos dos méritos indicados na relación que figure no anexo IV presentado xunto coa súa solicitude de participación no concurso, convocado pola Resolución do 2 de xullo de 2018.

Cuarto. De acordo co establecido no punto 9.2 do artigo 22 do Decreto 146/2001, do 7 de xuño, as persoas concursantes admitidas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia, para presentar a devandita documentación, agás cando se trate de datos ou documentos elaborados ou en poder das administracións públicas, suposto en que será de aplicación o previsto no artigo 28 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Aquelas persoas que xa tivesen presentado a dita documentación con anterioridade e, polo tanto, fóra do prazo regulamentariamente establecido, están obrigadas a presentala novamente. Consonte co anterior, a documentación presentada anteriormente non será valorada.

A dita documentación deberá ser presentada de igual forma que a solicitude de participación no concurso. As persoas concursantes admitidas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Quinto. Para seren baremados, os méritos deberán acreditarse na forma exixida para cada un deles nas correspondentes epígrafes do baremo recollido no anexo II da Resolución do 2 de xullo de 2018.

Por acordo da comisión de valoración, no caso daqueles méritos que, consonte co sinalado no baremo, deban ser acreditados mediante a presentación de copia auténtica, admitirase a presentación dunha copia cotexada por funcionario/a ou fedatario/a público/a, a cal deberá ser en todo caso presentada, ben a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, ben presencialmente, de conformidade co sinalado no artigo 22.7 do Decreto 146/2001, do 7 de xuño.

En todo caso, e de acordo co sinalado no número 4 da Resolución do 2 de xullo de 2018, a Administracion poderá requirir a exhibición do documento orixinal para a comprobación do cotexo da copia presentada.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2018

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade