Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2018 Páx. 48407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 19 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente T-26/18-2-LU.

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónase unha liquidación provisional pendente de notificar, logo de intentada a notificación persoal do xeito indicado no artigo anterior, e emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo en aplicación do artigo 139 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, diante do Servizo de Control de Riscos Ambientais da Xefatura territorial da Consellería de Sanidade de Lugo con enderezo en r/ Montevideo, 9 (Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, ben que, a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 19 de outubro de 2018

María Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Mafrilemos, S.L. B27188747. Polígono industrial de Reboredo, 21 (Monforte de Lemos).

Nº de expediente: T-26/18-2-LU.

Tributos: actuacións conxuntas de inspección e control sanitario ante mortem, post mortem, control documental das operacións realizadas e marcado sanitario de canais, vísceras e restos (31.8.01).

Controis sanitarios de determinadas substancias e a investigación de residuos nos animais vivos destinados ao sacrificio, relacionados na tarifa 08, e nas súas carnes (31.36.01).

Período: 2º trimestre 2018.