De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación persoal a través do servizo de Correos sen que se puidese practicar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.
O expediente está á disposición da persoa interesada, que quede emprazada, por si ou a través da persoa que legalmente a represente, no prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa, na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para poder ter coñecemento íntegro do acto que se notifica e a constancia de tal coñecemento. Advírtese de que, de non facelo, se terá por notificado.
Así mesmo, fáiselle saber que contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o órgano que a ditou no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación ou impugnalo directamente ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora de la xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2018
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social
ANEXO
Acto de notificación: resolución administrativa.
Expediente: responsabilidade patrimonial nº 13/2016.
Data do acto: 21.9.2018.
Interesado: Florencio García Arosa.
Órgano competente: secretario xeral técnico.


