Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2018 Páx. 48423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 26 de setembro de 2018 pola que se notifica a resolución do recurso de reposición contra a Resolución do 20 de outubro de 2016 pola que se impón unha quinta multa coercitiva no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/80/2012.

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en substitución do director, ditou, o 21 de agosto de 2018, resolución pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 20.10.2016, pola que se impoñía unha quinta multa coercitiva, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 9.6.2008, 10.11.2008, 20.5.2012, 8.1.2013, 20.6.2013 e 9.12.2014 e se alza a suspensión do acto administrativo obxecto de impugnación.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Susana Valverde Entenza, en representación de Juan Carlos Núñez Ginzo, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a devandita resolución, por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística