A instructora do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade COL/59/2017-RP1 dictou, o 24 de xullo de 2018, resolución pola que se notifica a apertura de período de proba de oficio no expediente COL/59/2017-RP1, incoado polas obras realizadas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre sen a perceptiva autorización autonómica, no lugar do Pindo, termo municipal de Carnota (A Coruña).
Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución a María Luz Riveiro Sambade, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada dita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
Para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2018
José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística


