Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2018 Páx. 48443

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO da convocatoria para a selección, por promoción interna, de dez prazas de administrativo da Administración xeral.

Por Resolución desta Alcaldía, do 4 de xullo de 2018, acordouse a selección de dez prazas de administrativo/a da Administración xeral por promoción interna como funcionarios/as de carreira, segundo o cadro de persoal para o ano 2018, aprobado con carácter definitivo polo Pleno municipal e publicado no BOP núm. 91, do 11 de maio. As bases desta convocatoria poderanse consultar no BOP de Pontevedra.

O prazo de presentación de instancias solicitando tomar parte na respectiva proba selectiva é de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Vilagarcía de Arousa, 27 de setembro de 2018

Alberto Varela Paz
Alcalde presidente