De conformidade co disposto no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, sométese a información pública durante o prazo de vinte (20) días hábiles, para efectos de reclamacións, na secretaría xeral deste concello, o expediente de edificación en solo de núcleo rural consolidado de Burguete, do seguinte:
– Avelino Vidal Fernández en nome e representación da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Fiolledo, para a ampliación do cemiterio de Fiolledo, cuxas características son as seguintes: situación, Burguete-Fiolledo; altura: 3,20 metros; superficie para ampliar: 386,64 m2; en solo de núcleo rural consolidado de Burguete.
Horario e consulta do expediente: de luns a venres, das 9.00 ás 13.00 horas, na Secretaría do Concello.
Salvaterra de Miño, 17 de outubro de 2018
Arturo Grandal Vaqueiro
Alcalde


