Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2018 Páx. 48441

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO da oferta de emprego público deste concello para o ano 2018.

Por acordo da Xunta de Goberno Local adoptado en sesión que tivo lugar en data 27 de setembro de 2018, resolveuse aprobar a oferta de emprego público deste concello para 2018, que comprende as prazas vacantes dotadas no orzamento da corporación que non poden ser cubertas cos efectivos de persoal existentes, e cumprindo as taxas de reposición a que se refire o artigo 19 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, co seguinte detalle:

Natureza

Código RPT

Grupo

Subgrupo

Escala

Subescala

Número vacantes

Denominación

Funcionario

07.01.00.28

07.01.00.27

C

C1

Admón. especial

Servizos especiais -clase policía local

2

Policía

Funcionario

03.01.01.01

A

A1

Admón. especial

Técnica

1

Arquitecto

Funcionario

03.01.02.01

A

A2

Admón. especial

Técnica

1

Arquitecto técnico

Laboral

12.02.00.02

IV

1

Auxiliar biblioteca

O que se publica, de conformidade co disposto no punto 2 do artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público.

A execución desta oferta de emprego público deberá desenvolverse dentro do prazo improrrogable de tres anos.

Ribeira, 28 de setembro de 2018

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde