No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense interpúxose o recurso contencioso-administrativo co número de procedemento ordinario 231/2018, promovido pola Confederación Intersindical Galega CIGA contra o Acordo da Xunta de Goberno Local do Concello do Pereiro de Aguiar do 24 de xullo de 2018 polo que se aproba a oferta de emprego público do ano 2018.
En consecuencia, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e dando cumprimento ao requirimento efectuado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, con data do 26 de outubro de 2018, notifícase aos/ás interesados/as para que, se ao seu dereito convén, poidan comparecer perante o referido xulgado no prazo de nove (9) días contados desde o seguinte ao da recepción da notificación da presente resolución.
O Pereiro de Aguiar, 2 de novembro de 2018
Eliseo Fernández Gómez
Alcalde


