Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2018 Páx. 48509

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 25 de outubro de 2018, o tribunal nomeado pola Orde do 17 de novembro de 2017 (DOG núm. 227, do 29 de novembro), modificada pola Orde do 22 de decembro de 2017 (DOG núm. 2, do 3 de xaneiro de 2018), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 85, do 4 de maio), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, superaron o terceiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos.

Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2018

Ascensión Labella Lozano
Presidenta do tribunal